xoves, 26 de xuño de 2014

Fin do proxecto

Damos por concluído o proxecto Meteoescolas no curso 2013-2014 publicando a táboa con todos os datos obtidos ao longo destes meses. Esperamos que este proxecto teña continuidade en vindeiros cursos. Moitas grazas a todos os que o fixeron posible.


mércores, 25 de xuño de 2014

Construción de instrumentos meteorolóxicos caseiros

Os alumnos de 3º PDC que participan no programa MeteoEscolas costruíron os seguintes instrumentos meteorolóxicos caseiros:



Anemómetro

Barómetro

Pluviómetro

Viraventos

martes, 24 de xuño de 2014

Os alumnos de 4º da ESO, nas suas clases de informática, traballaron en crear unhas táboas e graficas a partir dos datos obtidos pola estación meteorolóxica do centro. Para elo empregaron a folla de cálculo do Libreoffice, Calc. Este é o resultado:


martes, 17 de xuño de 2014

Experimentos: presión atmosférica e temperatura

Os alumnos de 3º ESO propuxéronse realizar unha serie de experimentos para axudar a comprender mellor que é a presión atmosférica e por que se quentan máis os continentes que os océanos. Os resultados amósanse nos seguintes vídeos:

PRESIÓN ATMOSFÉRICA
A presión atmosférica, aínda que non o percibamos, exerce unha considerable forza sobre a superficie do planeta. Defínese como a forza que exerce unha columna de aire por unidade de superficie terrestre.

  • Auga que non cae



  • Experimento do ovo


A TEMPERATURA
A terra e a auga teñen un diferente comportamento térmico. A capacidade que ten a auga de almacenar enerxía calorífica é moito maior que a da terra. Esta diferenza maniféstase en que a superficie continental quece e arrefría máis rapidamente que a oceánica, polo que as oscilacións de temperatura no mar son menores. Durante o día o mar acumula bastante calor, que cederá lentamente durante a noite. Así, as grandes masas de auga dos océanos actúan como reguladores do clima, suavizando as temperaturas extremas.

  • Temperatura da auga e da terra


venres, 6 de xuño de 2014

Velocidade do vento

Os alumnos de 1º ESO construíron un sinxelo aparato que nos permitiu medir a velocidade do vento. Basicamente consiste en unir, mediante un fío, unha pelota de ping-pong a un transportador de ángulos.

















Ao soprar o vento, éste despraza a pelota de forma que a maior intensidade do vento maior será o ángulo que forma a pelota coa vertical. Para convertir os ángulos en velocidade empregamos a táboa da dereita (fonte: unidades didácticas de meteogalicia).





 





venres, 16 de maio de 2014

Xa temos logo!!!

Despois de ampliar o prazo para elexir o logo que representará o noso proxecto meteorolóxico por fin temos un gañador:


Os resultados da enquisa foron:



martes, 13 de maio de 2014

Termómetro de alcohol

Hoxe, os alumnos de 2º ESO fabricaron un termómetro caseiro na clase de Ciencias da Natureza. Grazas a esta experiencia agora coñecemos mellor como funciona este instrumento básico da nosa estación meteorolóxica.





martes, 29 de abril de 2014

CONSTRUCIÓN ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Os alumnos de 3º ESO PDC fixeronse cargo do deseño e construción da estación meteorolóxica na clase de Tecnoloxías.










martes, 22 de abril de 2014

Elixe o logo de Meteozas!

Vota polo logotipo que máis che guste para representar (blog, páxina web, documentos, etc) o proxecto MeteoZas.
Os logos foron creados polos alumnos de 4º de ESO na clase de informática empregando o programa Inkscape.
Prazo de votación aberto ata o venres 25 de abril (AMPLIADO ata o 16 de maio).



luns, 24 de marzo de 2014

Queda inaugurada a estación meteorolóxica MeteoZas!

Hoxe comezamos a anotar os datos de precipitacións, temperatura máxima e temperatura mínima. Realizaremos un seguimento semanal, polo que non teremos datos dos periodos non lectivos: vacacións e fins de semana. Durante o próximo mes e medio, os encargados de realizar a lectura dos datos serán os alumnos de 5º e 6º de Primaria.



martes, 4 de marzo de 2014

Recreando o experimento de Torricelli


Os alumnos de 1º ESO recrearon a experiencia desenvolvida por Torricelli no século XVII. Para o desenvolvemento desta actividade contaron coa axuda e supervisión do profesor de Ciencias da Natureza.

 Con este experimento, coma Torricelli, trataron de demostrar que o aire pesa e exerce unha presión equivalente a unha columna de Mercurio de 76 centímetros de alto. Así podemos concluír que o valor da presión atmosférica equivale ao de unha columna de 760 mm de Hg.



luns, 20 de xaneiro de 2014

Comeza a andaina

Con retraso, pero o proxecto MeteoEscolas arranca no CPI de Zas. Nas próximas semanas instalaremos a nosa particular estación meteorolóxica, composta por un pluviómetro e un termómetro de máximas e mínimas, e acto seguido comezaremos coa recollida de datos. O deseño e a construción da estación está sendo levado a cabo polos alumnos de 3º de ESO coa supervisión de Sibila, profesora de tencoloxía.

Ao longo dos vindeiros meses, o alumnado de ESO e o de 5º e 6º de Primaria anotará diariamente as variables meteorolóxicas e subirá os datos a web de Meteogalicia. Pero a cousa non queda aí, ademais, realizaremos unha serie de actividades que nos acheguen ao mundo da meteoroloxía: experimentos científicos, interpretación dos mapas do tempo, análise de datos, o tempo no refraneiro, etc. 

Esperamos que este proxecto, que hoxe bota a andar, teña un longo percorrido e achegue a toda a comunidade educativa o interés pola meteoroloxía.