xoves, 25 de xuño de 2015

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA- METEOGALICIA E MUSEO DE HISTORIA NATURAL LUIS IGLESIAS

Alò polo mes de febreiro, en coordinación co Departamento de Lingua Galega, organizamos unha saída a Santiago para visitar Meteogalicia e o Museo de Historia Natural, co alumnado de 3º ESO.

A primeira hora da mañá recibiunos Ana, a Coordinadora de Meteogalicia, e en primeiro lugar asistimos en directo a unha retransmisión radiofónica do tempo para o Concello de Lalín e posteriormente,  deunos unha charla sobre conceptos sobre o tempo e o clima, xa traballados na aula. De seguido, outra traballadora do centro estivo ensinándonos distintos aparellos que se usan nas estacións meteorolóxicas. A verdade é que foi ben interesante!!!


Cando rematamos aquí fomos ao Museo de Historia Natural  Luis Iglesias, onde puidemos observar a flora e fauna típica dos distintos ecosistemas galegos así como unha ampla exposición de mineraloxía dos cinco continentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario